Barrio Actual

(1981-actualidade)

Actualmente a creación musical culta galega experimenta un notable auxe propiciado polos logros sociais democráticos. Durante a década dos oitenta refórmanse as ensinanzas artísticas e establécense novos conservatorios; durante a décadas dos noventa créanse os conxuntos profesionais Orquestra Sinfónica de Galicia e Real Filharmonía de Galicia. En 1987 sete compositores constituíron a Asociación Galega de Compositores, institución que na actualidade agrupa a máis de trinta compositores e compositoras de tendencias diversas.

Busca compositores ocultos en cada edificio.