Barrio da idade ioderna:

renacemento, barroco e clasicismo (ca. 1500-1813)

Durante o renacemento Galicia é pioneira da edición musical, actividade que como no resto de España interrómpese ata o século XIX, dificultando a difusión dos nosos compositores. Os cancioneiros renacentistas manteñen a herdanza dos trobadores agora en formato polifónico; tamén se organizan no renacemento as capelas eclesiásticas, protagonistas da música da idade moderna. Estas capelas eran conxuntos musicais profesionais ao servizo dos principais templos; estaban integradas por un mestre responsable de dirixir, ensinar e compoñer polifonía, cantores, instrumentistas e nenos de coro en calidade de educandos.

Busca a música oculta en cada edificio.