Barrio do modernismo

"A Terraza" en Sada (A Coruña)

Courtier Burguero, Ricardo (A Coruña 1865, Ourense 1922)

Ricardo Courtier Burguero (A Coruña, 10/03/1863- Ourense, 10/12/1922) recibiu a primeira formación musical de mans do seu pai, José Courtier, violinista que casualmente foi profesor de Pablo Sarasate.
No ano 1879 trasladouse coa súa familia a Barcelona, desde onde viaxará a Cádiz e a Madrid para completar a súa formación na Escola Nacional de Música e Declamación, onde estuda a carreira de piano, ademais de harmonía e composición. En paralelo nesta época realizou unha xira por toda España como director de importantes compañías de zarzuela.
En 1888, ao rematar os seus estudos, instalouse en Trives para desempeñar labores como organista na igrexa e como pianista no casino, ademais de constituír a Banda de Pobra de Trives.
En 1907 establece a súa residencia en Ourense, onde obtivo a praza de director da Banda Municipal, quen grazas a Courtier acadou triunfos en diferentes certámenes.
Parte da súa vida a dedicou a compoñer. Coñecedor das novidades que aportaba a corrente nacionalista, creou unha liña compositiva propia e característica, outorgándolle ao folklore un grande protagonismo.
Escribiu música para a zarzuela Flor de Cardo, sobre texto de Antonio Suárez de Puga, estrenada no Teatro Eslava de Madrid o 25 de maio de 1904.
Da súa producción destacan as seguintes obras: Rosicler, Hechizo, El Club, Os Noitébragos, De Pándiga, Evita, El garrotín de Viluma, Rosariño, Villoria, ConchiñaeAngelines.
Foi nomeado responsable da sección musical do Ateneo Ourensán e asesor do orfeón local.

Redacción e edición

Eva María Vega Díaz, CPI Monte Caxado, As Pontes (A Coruña), curso 2012-2013.
Bibliografía /Bibliography:
Cañada, Silverio (editor): GRAN ENCICLOPEDIA GALLEGA. Gijón: 1974.