Barrio do romanticismo

Capela do Cementerio de San Amaro de A Coruña

Montes Capón, Xoán (Lugo 1840-1899)

Foi un compositor nacido o 13 de abril de 1840 en Lugo, fillo de familia humilde.
Aos dez anos ingresa no Seminario Conciliar da súa cidade natal, no que cursa con excelentes calificacións toda a carreira e no que pronto se manifestarían a súas aptitudes musicais.
O vicerreitor do Seminario encárgalle a creación dun coro de seminaristas. Entón oposita a unha praza vacante de organista na catedral de Mondoñedo. Como non tiña a idade requirida, Montes non puido ter dereito á praza.
En 1863 termina os seus estudos eclesiásticos pero rexeita a carreira sacerdotal para adicarse totalmente á música.
En 1871 oposita, sen éxito, á praza de organista segundo da catedral. Por encargo do Concello de Mondoñedo, reorganiza a Banda Municipal, coa que dará múltiples concertos desempeñando a súa dirección hasta 1890.
En 1879 crea o Orfeón Lucense, co que gaña o primeiro premio nun certame organizado en Ferrol. En 1887 o Orfeón Lucense cambia a súa denominación pola de Orfeón Gallego e a partir de entón comeza unha carreira brillante de triunfos.
O seu autodidactismo fixo que xa na súa época no Seminario compuxese vilancicos de sabor local, pregarias, himnos e unha partitura xa considerable titulada Las siete palabras de Cristo en la Cruz.
En 1888 obtén un primeiro premio en Vigo coa Alborada Gallega para banda, en A Coruña obtén tamén primeiros premios coas obras As lixeiras andoriñas (balada), O pensar do labrego (balada) e Sonata Gallega Descriptiva, para dos violines, viola y violoncello, da que realizaría un excelente arranxo para banda. En outro certame en Vigo en 1891 obtén dous primeiros premios por Aires Populares de Galicia (pasodoble) e Nocturnos e tamén recibirá o primeiro premio en La Habana coa coñecida balada Negra Sombra en 1892. Son moitos máis os premios conseguidos tamén có Orfeón Gallego en certames de toda España.
Traballador nato e incansable, xenial compositor, director, organista, pianista, entusiasta intérprete do folclore galego, colaborador do Cancionero Musical de Galicia de Castro Sampedro e do Cancionero musical Popular Español de Felipe Pedrell, e organizador da Schola Cantorum do seminario diocesano por encargo do bispo, falece o 24 de xuño de 1899, á idade de 59 anos.

Redacción e edición

Uxía Calvo Rodríguez
Ismael López Fojón
Bibliografía /Bibliography:
http://www.galegos.info/juan-montes-capon
http://gl.wikipedia.org/wiki/Xo%C3%A1n_Montes
http://www.laopinioncoruna.es/opinion/2008/04/11/juan-montes-genial-compositor-director-coros-bandas-orfeones-gallegos/181127.html