Barrio del Modernismo

Estación de Ferrocarril de Coruña

Fernández Vide, José (Ourense 1893-1981)

José Fernández Vide naceu en Ourense o 23 de outubro de 1893, ingresando aos 8 años como neno de coro na capela da catedral desa cidade.
Serían os seus mestres Julián Ortiz e Antonio Pérez, o organista Antonio Sacristán, con quen estudou harmonía, órgano e piano, e José Fernández "Xesta", con quen aprendeu coñecementos de violín, estudios que convalidou oficialmente na academia do Círculo de Obreiros Católicos.
Consérvanse de Vide nove vilancicos en galego, escritos entre 1943 e 1974, cun orgánico xeralmente para voces brancas e acompañamento de piano, o que nos fai pensar que estaban destinadas ao coro feminino da Escola de Maxisterio, onde traballou ata a súa xubilación.
Casa en agosto de 1924 e emprende despois unha viaxe a La Habana, cidade na que, a requirimento do Centro Gallego, traballará como docente na Academia de Belas Artes da institución, poñéndose ao fronte de rondallas ou de "coros típicos", formacións de salón, orfeóns ou de orquestras sinfónicas. Alí estrearía a súas dúas zarzuelas de temática galega: Proba d´amor, con letra de Francisco Alvarez de Novoa, e Miñatos de vran, con letra de Enrique Zas.
En 1932, no momento más doce da súa carreira, decide regresar a Ourense.
Xa na súa cidade natal, reintégrase á actividade musical facéndose cargo, novamente, da dirección do Orfeón Unión Orensana, para o que escribe nesta nova etapa boa parte das súas obras corais. Aquel reencontro só durou ata 1934, data na que, alegando motivos de saúde, presenta a dimisión.
En 1937 obtén unha "mención honorífica" nos Xogos Florais do Círculo Mercantil de Santiago coa obra Cantan os galos, para voz e piano.
Nos seus últimos anos retomou a súa actividade como profesor de música na escola Normal de Maxisterio e no Instituto "Otero Pedrayo" de Ourense, ata a súa xubilación.
Foi persoa moi querida na cidade, onde se está enterrado, no panteón do seu Orfeón do cemiterio de San Francisco, dende o seu falecemento o 20 de novembro de 1981, vítima dun ataque cardíaco.

Redacción e edición

Jennifer Ríos Rochela, CPI Monte Caxado, As Pontes (A Coruña), curso 2012-2013.
http://patrimoniomusicalgalego.blogspot.com.es/2011/04/jose-fernandez-vide-director-e.html
http://www.sibetrans.com/trans/a199/jose-fernandez-vide-1893-1981-topicos-identitarios-en-la-figura-y-la-obra-de-un-musico-de-la-emigracion

Para escuchar / Para escoitar / For listen:
“Os cregos e os taberneiros” melodía tradicional gallega en versión polifónica. Coral Polifónica del Sporting Club Casino de A Coruña, Juan Pérez Berná (dir). Grabación de Radio Galega, 2011.